Conchi Martínez Quintáns, a responsable do bar O Costillar, asume a presidencia da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) nun momento de renovación e cambio. Foi elixida nas eleccións do 4 de setembro e encabeza un equipo plural e inclusivo, que inclúe tanto individuos con ampla experiencia empresarial como xóvenes emprendedores con ideas frescas e perspectivas innovadoras. A ARE busca así combinar a sabedoría acumulada coa enerxía e a creatividade das novas xeracións para impulsar o futuro dos negocios en Rianxo.
A recén formada xunta directiva, que se reuniu por primeira vez tras as eleccións hai algunhas semanas, reflicte a diversidade do empresariado local, xa que está composta por representantes de diversos sectores. Traballarán da man de Conchi Martínez, e o equipo directivo inclúe:
- Adrián García (propietario da tenda A Moreniña) como vicepresidente
- Cristina Muñiz (asesora financeira) como secretaria
- Francisco Alcalde (Bandín Audio) como tesoureiro
- Os voceiros son Martín Rañó (Rotularama), José Manuel Regueira (Regueira Vázquez Asesores) e Raquel Figueira (bar Nova Era).
En nome do equipo, Conchi Martínez fixo un chamamento á unidade do tecido empresarial rianxeiro. Nas súas palabras, "Estamos aquí para escoitarche, apoiarche e traballar xuntos na consecución dos nosos obxectivos empresariais. Aos socios anímovos a facernos chegar as vosas inquedanzas, problemas e necesidades, así como calquera proposta e ideas.
Ademais, convidamos a todos os negocios do municipio a sumarse á ARE: "Xuntos podemos construír un futuro máis sólido e próspero". ASOCIÁTE A ARE.